
LIGA SUR
I
As últimas iniciativas políticas e leis exprés que anuncia o Parlamento do Hórreo, así como os estudos dos seus epígonos financeiros que lles rozan o camiño, constitúen en si mesmos acontecementos de enorme transcendencia para as comarcas do sur de Galicia. Pero aínda sendo así, resulta forzoso recoñecer que non son unha inesperada novidade, senón que constitúen o colofón natural dun modelo económico e unha acción política sometida aos intereses dos lobbys que concentran o máximo poder en Galicia. Xa fai 25 anos o grupo vigués Sinistro Total publicou seu disco debutante “Menos mal que nos queda Portugal”. Os seus autores nunca pensaron entón que, lonxe de envellecer, o paso do tempo rexuvenecería a súa proposición, converténdoa nunha premonición dá máxima actualidade.
II
O esforzo fiscal das comunidades do sur invístese en satisfacer necesidades doutros territorios ou no financiamento de servizos que non reverten naqueles, consolidando un sistema fiscal asimétrico, non equitativo e que favorece o desenvolvemento desigual en prexuízo sempre das comarcas do sur. Tanto ten que sexa un auditorio ou un hospital público. Cando finalmente a cidadanía arrinca do poder galego o compromiso para a súa execución, os fondos públicos comprometidos para a súa construción foron destinados a outros mesteres que sempre parecen máis perentorios, e ha de ser Caixanova ou outro capital privado quen financie o investimento. A balanza fiscal interna galega desequilíbrase cada vez máis na nosa contra, obrigándonos a uns a pagar as infraestructuras e servizos públicos que outros disfrutan.
III
E cando se lles recorda que para unha comunidade secularmente atrasada e pobre, constitúe un luxo criminal planificar dúas entradas do Alta Velocidade, porque constitúe unha dilapidante asignación dos recursos públicos e unha estercorización da acción política, entón, reparan en que utilizar o alta velocidade atlántica para aforrar en construír unha única saída cara á meseta castelá, fai coincidir ortográfica con cartografía, debuxando ¡Como non¡ a “L” inicial da acusación localista. Non importa aforrar no maior capítulo xamais investido na historia da infraestruturas de Galicia, en busca dunha maior frecuencia dos tránsitos e de multiplicar a calidade do servizo! Non, semellante despropósito non responde a intereses locais! Aínda que este perpetrado co diñeiro dos demais, dos que si son localistas cando se queixan de semellante discriminación.
IV
Os partidos políticos mostráronse esgotados e incapaces para solucionar asimetrías territoriais. Os últimos acontecementos demostran que tanto se son partidos políticos de ámbito estatal como galego, atenden aos intereses que converteron o sur industrial de Galicia en contribuínte neto dun modelo económico e de acción política que lle reservou o incómodo oficio de fogonero da locomotora que dirixen outros e en cuxo tren, comodamente instalados, viaxan todos os demais.
V
Ningún galego -territorio nin persoa- é o noso inimigo a bater. Galicia ten que construírse e cohesionarse sobre un espírito de igualdade entre os galegos e de equidade entre os seus territorios. O noso peor inimigo habita dentro de nós mesmos: sempre cremos na iniciativa individual como motor do progreso, deixando a ordenación do colectivo para outros. O noso inimigo é o desapego ás nosas comarcas e cidades, o desapego a nosas institucións e aos intereses do noso devir colectivo. Minifundismo social e a cultura de autoodio son a causa directa da nosa nula presenza social e política nos centros de poder galego. É o noso desprezo aos espazos públicos o que gratuitamente lles permite a outros menos competentes ocupalos.
VI
Quen subscribimos este manifesto pensamos que só un amplo movemento cidadán, no que caiban todos as ideoloxías e partidos políticos, pode converterse en contrapoder da alimaña e a súa estatu quo da rapiña. Un movemento cidadán organizado e transversal, integrador e aberto a todas as comunidades do sur e a todas as súas sensibilidades, pode oporse con éxito á permanente discriminación e ao refugallo ao que se somete a nosa comunidade. Quen asinamos queremos que a Liga Sur esténdase como unha poderosa marea que vigorice a nosa identidade e opoña os nosos intereses lexítimos a quen sacan proveito do sacrificio, traballo e ilusión dos demais.



Todos os anos pasa o mesmo. Chega o Nadal e sempre se nos esquece algún agasallo. E ¡hala! A última hora correndo a mercar algo para non quedar mal. E mercamos calquera cousa de calquera maneira. O importante non é acertar xa co agasallo. O importante é ter algo que dar.
ResponderBorrarOs partidos políticos galegos pasaron exame ante a cidadanía o 1 de marzo. Ninguén se acordou daquela de presentarnos un proxecto de lei para as Caixas. Pero a última hora, cando xa están a piques de pechar todos os comercios, entran correndo cunha Lei de caixas debaixo do brazo. Xa non hai tempo para lela de vagar, para reflexionala, para axústala ás nosas necesidades.
Está claro que os nosos políticos están dispostos a suspender en democracia pero non queren suspender en tradicións navideñas e aprobarán, aprobarán a lei de Caixas, aprobarán a asignatura de agasallos de Nadal de última hora, pero dende logo a nota será tan baixa que cando nos volvan chamar ás urnas se cadra non lle dá a media para aprobar.
Por certo… dentro duns días empezan as rebaixas
Asdo.- Al-tum-tum-country