sábado, 20 de marzo de 2010

FINANZAS BÁSICAS PARA METER MAN NAS CAIXAS. CURSO ONLINE BÁSICO DE FINANZAS IMPARTIDO POR LIGASUR PARA POLÍTICOS A PROL DA FUSIÓN.

Lección Primeira: A Ecuación do Carrete


Ligasur inicia uns cursos Online para médicos metidos a políticos, co obxectivo último de que adquiran uns rudimentos para abrir a boca sen que se lles note á primeira que son uns putos zombis.

Javier Losada e Guillerme Vázquez xa están matriculados no novo crack: “FINANZAS BÁSICAS PARA METER MAN NAS CAIXAS”

A idea é que todo canto canalla que se presente a unhas eleccións, as gañe ou sexa só oposición, saiba argumentar correctamente o que lle de a puta gana, pero sen facer o ridículo e evitar así que Galicia convértase no novo edén do anarquismo, de Al-Quaeda ou da nai que os pariu, porque van conseguir que nos poñan a Burka.
A clase de hoxe é moi sinxela, interese simple é a palabra; denominarémola ‘A Ecuación do Carrete’, acrónimo de capital x rédito x tempo.

A idea matemática é que todo alcalde da Coruña ou dirixente do BNG que invista nunha imposición, digamos, 100, ao 1%, ao cabo dun ano ten dereito a 101.

Non é incrible? É a puta leche, din no Consello Nacional do BNG, o capitalismo aínda non é tan malo, pois conserva unha base remota de Xustiza!

En fin, a fórmula do carrete non ten excesiva dificultade, pero este curso Online para políticos ten un enfoque eminentemente práctico, e non pretende que aprendan a despellarr unha incógnita, senón que adquiran unhas ferramentas básicas para non facer o majadero no xornal. Por iso, en lugar de con fórmula, representaremos a ecuación do carrete con imaxes sinxelas, perfectamente identificables polos políticos, pois utiliza os mesmos iconogramas cos que se fabrican os seus soños húmidos:



O próximo capítulo será o interese composto, que é un pouco mais difícil pero gáñase máis. Logo explicaremos a TIR (a taxa interna de rendibilidade) e o valor actual (VA) dos fluxos de caixa futuros. Este é o sistema máis exacto e o político que o domine ten garantido un asento no consello da súa caixa de aforros local. E un método sofisticado que capitaliza hoxe o que se espera percibir mañá. Si a esperanza matemática acerca de que un evento ou un contexto futuro prodúzase non é alterada por factores exógenos ou imprevistos, constitúe unha ferramenta avanzada para a toma de decisións financeiras do político local. O maior problema que expón é cando as hipóteses de partida, os axiomas da predición altéranse súbitamente por un factor inesperado. Por exemplo, porque entra o Xuíz Garzón en escena. En tal caso, o político aprendiz de financeiro deberá substituír ao momento a esperanza matemática por un bo avogado penalista.

SAE PUBLICADA A LISTA FORBES 2010 DOS MILLONARIOS EN SIMPATÍA.


Abel Caballero n oposto 667!

Nin siquera en simpatía lle igual o alcalde Javier Losada a Abel Caballero. O alcalde de Vigo saíu n anova lista Forbes dos máis simpáticos no posto 667, xusto por diante de Pío XII, que levou o posto 666. O alcalde de A Coruña Javier Losada non sae na lista que remata en Mahmoud Ahmadinejad como o persoeiro público menos simpático da actualidade política.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  
 
 
 
Mahmoud Ahmadinejad moi molesto co cherio a plutonio radioactivo no seu despacho oficial.
 
 
 
 
 
 

viernes, 12 de marzo de 2010

A Batalla das Ardenas toca ao seu fin.


Estes últimos días frios e despexados de nordeste permitiron voar de novo á aviación aliada.


Os panzer de Feijoinen saíron do bosque ardénico e móstranse vulnerables á aviación inimiga. A operación militar encalla perigosamente baixo a atenta mirada de MAFO, cos seus prismáticos coa marca do Banco de España.

Von Feijoinem segue sen plan B, porque non ‘admite un escenario distinto á fusión’.

El e os seus socios están atrapados nunha bolsa polo recurso de inconstitucionalidade e os tempos do Banco de España: sexa ‘T’ o prazo medio de resolución dun recurso de inconstitucionalidade;

Sexa ‘t’ o prazo concedido por MAFO a Caixagalicia para que atope o seu propio camiño; en terminos militares T>t, tal que T-t=T’; Onde T’ equivale a trompazo. Tanto o Presidente como os seus socios do BNG, vense obrigados a desenmascararse: O que antes só algúns sospeitabamos, agora recoñécese con franqueza e impudicie: a Lei é para dobregar a Gayoso. Para dobregar a Caixanova e levarlla ao Norte.

Puro galeguismo de laboratorio...

Agora virá Rato e será a escabechina do século. Veremos se a Voz de Berlín esixiralle todo o que lle esixiu a Vigo. E veremos se o ridículo alcalde Losada sácalle á rúa todo o que lle prometeu sacar a Abel Caballero; agora veremos o que lle saca ao Sr. Rato.

Verémolo dentro dun rato.



Von Feijoinen Tranquiliza ao BNG: "No pactaré nada que no sea la Fusión" e



Na crónica do Faro de Vigo, Gaspar Zarrias marca cales son as diferencias coa Xunta: aquelas disposicións da Lei redactadas para avasallar a Caixanova.




MAGNÍFICA DECLARACIÓN TRILÍNGÜE DE GASPAR ZARRÍAS AO CONSELLEIRO RUEDA


BRANCO I EN BOTELLA...
Gaspar Zarrías non tivo inconveniente en remitirlle ao Conselleiro Rueda o texto dun comunicado elaborado polos asesores económicos e xurídicos de Ligasur en tres idiomas, e que o Faro de Vigo só editou en Galego en atención ao pouco espazo diponible.

Ligasur protestou enerxicamente e recordoulle ao periódico vigués que só así aprenderán os conselleiros a falar Galego e Inglés. Hoxe o mundo entende os xeroglíficos exipcios grazas a que o gran Champolión, pai da arqueoloxía moderna, atopou a Pedra de Rosetta: a inscrición dun mesmo texto en xeroglífico, en grego i en demótico. Así, por un sistema de acerto-erro, como o que agora usan os conselleiros, a ciencia aprendeu a ler xeroglíficos, tal como conseguirán os conselleiros en breve. Son estas as torpezas do Grupo Editorial Prensa Ibérica, as que sacan de quicio aos vigueses que seguen atentamente os progresos lingüisitcos do goberno galego con tanta paixón como a parrilla española do próximo mundial de F-1.

En fin, na carta Ligasur reflexionaba que Galicia non é só o conselleiro Rueda, nin Guillerme Vázquez; Galicia tamén é Caixanova, Vigo, o sur e ata o goberno central, pois ultimamente A Moncloa é máis Galicia que Monte Pío. Os argumentos de Ligasur son de tal natureza demoledora que Von Feijoneim esixiu a Gaspar Zarrías expulsar a Ligasur do seu grupo de asesores.

Tal cousa no é probable pois as reunións de Ligasur co Sr Zarrías foron distendidas e amigables, só empanadas porque ao final, o Sr. Zarrías reclinouse na cadeira, puxo as súas botas sobre a mesa e cun acento horrible prometeu en diante falar galego na intimidade.


                                    Foto: Pizarrilla persoal do Conselleiro Varela coa poesía de Martín Códax 'Ondas do Mar de Vigo' en Castelán, Galego e Inglés, cocida nos fornos da Fábrica de Sargadelos.

Un galego listo no Comité Executivo do Banco Central Europeo

José Manuel gonzález Páramo alerta dos riscos da fusión intrarrexional por excesiva concentración

xeográfica e ducplicidade das redes comerciáis.

domingo, 7 de marzo de 2010

O BNG perde o NORTE (con perdón do Sur)



É preocupante.
Na Voz de Berlín -o seu xornal preferido- Guillerme Vázquez admite que o tema da fusión das caixas, que francamente ten xa aburrida a Ligasur, está nun transo difícil. O sisudo razoamento deste líder natural é o seguinte: Esiximos a Feijoo que esixa a Zapatero unha reunión, non para negociar, senón para esixir que retire o recurso á Lei exprés.

Non é fácil ouvir semellante estupidez. Non si un o non so propón. Si so propón si. Imaxinemos que á vista do devandito, Ligasur di ‘Esiximos a Guillerme Vázquez que non esixa a Feijoo que esixa a Zapatero unha reunión, non para negociar, senón para esixir que retire o recurso á Lei exprés’? Ben, salvando o feito de que ese nivel de estupidez de Ligasur resulta imposible sen sacar previamente o carné da UPG, o certo é que se recuperaría o diálogo no galeguismo: Idiotizada que quedaría Ligasur, xa podería falaelles  de igual a igual.

Os titulares que nos depara a prensa son de difícil dixestión. Non é fácil distorsionar a realidade con tanta eficacia como eles, salvo que esteamos ante a presenza dun xenio surrealista que capta os aromas esenciais e méteos nun frasco que denomina ‘channel nº 5’ facéndose rico de paso. Si ese non é o caso, estamos sen ningunha dúbida ante un imbécil. Un perfecto imbécil marxista-leninista -que non leu nin ao un nin ao outro- e que non se decatou aínda que nin o aforro, nin o capital teñen fronteiras. Un perfecto imbécil que quere pórlle portas ao campo. Tamén é verdade que é médico e que disto sabe pouco. Pero aínda sendo médico débese distinguir un billete falso dun bo, e si non, consultar a un experto. Por contra os demais imos ao médico cando enfebrilamos. En España é obrigado ir ao médico para coller a baixa. Ou sacar o carné para conducir. Porqué non é obrigado que os dirixentes políticos que perciben subvencións do Estado, sométanse a un test de intelixencia antes de escribir nun periódico?
Que é “o aforro galego”? É evidentemente a diferenza entre o ingreso corrente e o gasto corrente das familias, as empresas privadas e as institucións privadas sen fins de lucro que serven aos fogares. E onde está? No circuíto financeiron nos Bancos e Caixas. Daquela o aforro que xestionan as dúas caixas representa só unha parte do aforro dos cidadáns galegos (e unha mínima parte dos cidadáns de Zamora, pois serán minoría os clientes de Caixa Galicia/Caixanova alí). Seica se refiren estes políticos ao investimento dese aforro en Galicia? Confundirán aforro con investimento? Crerán que unha única Caixa Galega garantiría o investimento do ‘aforro galego’ en Galicia?


Pode ser! É sabida a poderosa diferenza entre os perfís financeiros de Caixa Galicia e Caixanova. A primeira é cortoplacista e moi especulativa; busca o beneficio financeiro inmediato, a plusvalía ou o rédito. A segunda é moito máis comprometida coa súa contorna económica, fortemente intricada coa trama industriosa da súa área de influencia. Crecería e gañaría menos que a primeira, pero asumiría tamén menos riscos e, ademais, o seu compromiso financeiro coa economía da súa contorna produciu un beneficio intanxible que non loce nas súas contas.

Pois ben, si a Caixa resultante da fusión garante a territorialidade do investimento ou non, pode deducirse da análise do que fan hoxe as caixas por separado. E non imos analizar o que fai Caixa Galicia, pois a conclusión sería un non rotundo. Vexamos Caixanova. É socia de R. R é unha empresa viguesa? Si só si A Coruña fose un barrio vigués. E que me din do investimento de Caixanova en Viño de O Porto, En Cálem e Sogevinus?. Tamén é O Porto unha parroquia de Vigo? É dicir, o capital non ten bandeiras nin fronteiras e resulta forzoso concluír que unha caixa única galega, en especial si xorde da absorción de Caixanova por Caixa Galica, non só non garante que todo o aforro que xestiona invístase en Galicia, senón que pode presumirse o contrario. Non toca falar aquí do investimento desa hipotética caixa en Vigo...

En cambio o que si ten xeografía é a destrución de postos de traballo que carrexará a absorción de Caixanova polo norte. O que si ten xeografía é a área na que se inviste unha parte dos beneficios dunha Caixa: a súa obra social. Por iso en Vigo estamos por un SIP con entidades foráneas: para conter a destrución de postos de traballo e garantir a territorialidade da obra social.

E tamén é necesario distinguir un banco central dunha caixa: O banco central emite diñeiro. O banco central fixa o tipo de interese i é a ferramenta do goberno para impor a política monetaria: préstoche a tanto ou a canto. O banco central regula o sistema financeiro e -desde logo- intervén nos bancos e caixas, destituíndo aos seus administradores; pregúntenllo a Mario Conde.

Este imbécil ten esta película na cabeza cando fala da absorción de Caixanova por Caixa Galicia. Porqué? Porque confunde Frankfurt con Conxo, pois é Frankfurt quen emite, xa que nin Madrid emite senón só supervisa á banca privada. E porqué Conxo? Pois porque Conxo é seu hábitat natural: é onde el debería estar internado, pois no Rebullón de Vigo, os nosos leais tolos mataríano antes do 28, día da Reconquista. En especial un que se cre Cachamuiña e que leva por chapeu un embude do revés.

Guillerme Vázquez é un fillo de puta? É unha pregunta razoable que esixe mais concentración da debida, á luz do que saíu publicado até aquí.

Evdentemente non. Creemos que só é un imbécil. Un produto da imbecilidade humana, que é unha especie recente no planeta, e que está a demostrar ser capaz de destruílo antes de adquirir as habilidades e a conciencia social que doutra maneira podería desenvolver con máis calma. Si non se empeñase en destruír o planeta cunha velocidade superior á que pode desenvolver a súa intelixencia, Guillerme Vázquez podería chegar a refugar a fusión, por non económica, ineficiente e desaconsellable. Pero non. O cambio climático, a Yihad Islámica, e a puta bomba de Irán, non lle van a dar tempo a ese imbécil a aprender a sumar, restar, multiplicar, dividir, e razoar.

Xa Georg Lukács, o filósofo húngaro, no seu 'O asalto á razón', (1954 (Barcelona: Grijalbo, 1968, 1969, 1976), explicou con claridade que a formación da conciencia social é un proceso dialéctico complexo, e que non resulta fácil reducir a paradigmas. Os seus catro tomos (do tamaño individual de ‘Las raíces de la tierra’) desaconsellan a súa lectura ao bloguero moderno, e máis, ao parecer, si é vigués, pois os vigueses segan as estatísticas que fan en Madrid leen pouco.

Pero non é así coa obra de Federico Engels, ‘O papel do traballo na transformación do mono en home’. Neste marabilloso libreto Federico pásase catro pueblos; segundo o Gran Gramsci (Antonio), é un auténtico ‘Sorpasso’ ao seu mestre.

En calquera caso, o escritor explica de maneira comprensible polos nosos fillos menores de idade porqué os vigueses alucinamos co BNG. Engels, nun arriscado ensaio, afirma que a clave do pensamento dos políticos atópase en que son capaces de camiñar de pé.

O camiñar erguido permitiulles liberar as mans. Xa bípedes e coas mans liberadas, conseguiron certas habilidades e destrezas coas extremidades anteriores antes inimaxinables (algunhas habilidades coas mans dos políticos están sub iudice na Audiencia Nacional e non debemos comentalas aquí). O cerebro deses primates empezou a xestionar ese novo talento. Co tempo aprenderon a facer unha 'O' cun canoto e, asombrados, os nosos devanceiros primates exclamaron un débil queixume de asombro, parecido ao que xa emitían durante o Acto (si permíteseme unha relectura freudiana do texto de Engels). Modulando ese berrido, o noso político primate empezou a xestionar a súa lingua e as súas cordas vocais até o punto de verbalizar pensamentos primitivos.

Segundo algúns analistas, é esta a fase na que se atoparían os dirixentes do BNG. Superada xa a fase dos berridos estritamente sexuais, agora xa poderían formular proposicións simples, un pouco primitivas e sempre relacionadas con desexos abstractos e cósmicos. Iso explicaría porqué machucan ideais universais pero carentes de contido material no contexto real, tales como ‘Sol’ ‘Lúa’ ‘Fusión’ ‘FROB’ ‘Caixa única Galega’ e outros, nun aquelarre inconexo de ideas, no que destaca algunha oración moi simple como ‘Aforro galego marchar de Galicia’ (nótese a construción infinitiva ao modo dos indios norteamericanos).

Tras este esforzo intelectual, caen redondos e incapaces nun absoluto silencio até a seguinte rolda de prensa. Os expertos din que despois duns vinte mil anos de traballos manuais, os nosos dirixentes nacionalistas adquirirían as destrezas que esixe un cerebro capaz de articular un discurso político coherente. Tras eses vinte mil anos xa poderán apuntarse a unha academia de inglés, de Microsoft Office, ou meterlle man ao I+D+i, e ás novas tecnoloxías da información.

Tamén terán sentido suficiente para marchar de vacacións ao país de nunca xamais.



Fai millóns de anos, nunha galaxia moi afastada, Obi Wan Kenobi, recentemente erguido, sorpréndese do que pode facer coas mans. Asiste durante séculos a clases de corte e confección que lle proporcionan unhas habilidades manuais inexistentes entre as tribos de mandriles. Moito despois, fóra dos confíns da confederación galáctica, e nun planeta azul da vía láctea, Obi wan Kenobi conseguirá falar en galego e dirixir unha fronte nacionalista



sábado, 6 de marzo de 2010

A INVASIÓN BARBARA DO NORTE (II): Os axentes da Stasi ao servizo do lobby do norte levan anos durmidos no sur preparando o seu desembarco. Ensinoulles Karla.

REQUIÉSCAT IN PACE




Leron a noticia de onte na Voz de Berlín? Non lles parece incrible?

Un grupo de principiantes, de asesores fiscais, cazados in fraganti por Carla. Hai que ver en que se mete a xente. Estaban redactando un manifesto! Tócache as pelotas!

Pero hai que ver para crer a mentalidade incrédula e inocente dalgúns vigueses: Miren algunhas das cousas que dicían: “ao longo dos últimos meses asistimos ao desenvolvemento de todo o asunto da denominada "fusión das caixas", inicialmente algo confundidos e aos poucos..” “falamos informalmente entre nós, en intres libres...” “...un Sur que non sente correctamente tratado” “E súbitamente un día, un de nós presentouse co borrador...”. Con franqueza, estes tipos están agilipollados. Carla á espreita e os tipos estes “falando informalmente” “en intres libres”.

Serán vigueses ou xesuitas? Pero que raios de reunión de estúpidos era esa?

É coma se Ghandi, Nelson Mandela, Martin Luther King e a chalada de Calcuta organizasen o asalto ao Cuartel da Moncada; hai que joderse con eses tipos!

Para que está Liga Sur se non é para isto?



Uns asesores fiscais imberbes e diletantes que máis lles valese encargarse dos asuntos dos seus clientes e deixarlle a Ligasur o asunto dos Nazis do norte.

E que me din dos dous inspectores de facenda? O tal Bobillo e o Sobrino Nogueira? Eses tipos son os que vixían os nosos impostos? Hai que Joderse!

Ligasur esixe:

a) a inmediata expulsión do Sr. Sobrino de A.P.I.F.E.

b) en atención aos seus maiores trienios, destinar obligatoriamene ao Sr. Bobillo 6 meses en comisión de servicio na Coruña, no turno de noite do edificio de Aduanas.
Respecto ao Sr. Beiras, que vai pola vida de puto coello engreido como o de Lewis Carroll, durmindo ao persoal con ese discurso pastoso dos ‘principios’ e dos ‘valores’ -cando en realidade é un 'hijo de papá' e un mamarracho- debese empezar a aprender a falar diante dos micrófonos. A falar e a calar queremos dicir. E así non lles cazaría Carla, a el e ao Sr. Mera -que está enchufado en Caixanova- largando alegremente á primeira botella de viño que lles poñan diante.

Agora a Voz de Berlín sabe onde viven. Que coche teñen e a súa matrícula. A que gardería van os seus fillos e a cor do iris dos seus ollos. Sentímolo viguitos: Ligasur non dá un duro por vós.



Requiéscat in pace.

ROUSSEAU, SARTRE, GOEBBELS, HIMMLER...



Hai algo na persecución de Gayoso, Jáudenes e Zulueta, os tres administradores de Caixanova que superan os 70 anos de idade, que produce certa repulsión, ou canto menos unha inquietude intelectual. Non é só unha cuestión xurídica do tipo de se os 70 anos deben medirse ao tempo da súa elección ou ao tempo do seu cesamento, ou se esta norma debe proxectar efectos retroactivos ou non a quen cumpriu dita idade no cargo.

A feroz persecución dos anciáns administradores de Caixanova polo goberno galego, isto é, por unha administración do Estado, suscita unha inquietude que vai máis aló da mera aplicación das normas ou da súa xusta interpretación de acordo cos principios inspirados polo artigo 3 do Código Civil. A persecución do cesamento de devanditos administradores, utilizando ata ao Parlamento de Galicia como instrumento para aprobar unha Lei exprés coa finalidade de remover a cúpula de Caixanova, non só constitúe un exemplo obsceno de desviación de poder; é que esta obscenidade exhíbese tamén con absoluta impudicia.

De neno os meus pais explicáronme que cando nacín asinei un contrato. Sooume estraño entón, pero insistiron en que o comprendese. Cando nacín, a miña contorna ocupouse de min. Non só os meus pais: a comunidade ocupouse de min e amparoume. Prestoume un servizo ao que debo contribuír. Ese contrato contén as regras básicas que gobernan a convivencia en comunidade dos individuos que a forman: onde termina a liberdade dun e empeza a do veciño; con que hei de contribuír e que hei de esperar desa contribución.

A orde pública é a superestrutura xurídica que dá forma a ese contrato elemental. É un artificio creado pola humanidade co fin de coadxuvar, facilitar e coaccionar para a convivencia e o respecto do contrato orixinal. Nesa superestrutura xurídica as persoas, os grupos, os territorios, as clases sociais dirimen os seus asuntos en igualdade, ou en patente desigualdade, pero con arranxo ao guión establecido.

Poñamos Robin Hood, Dick Turpin ou Curro Jiménez entre moitos outros: son arquetipos. Son algúns exemplos de heroes producidos pola cultura popular; hoxe son iconas do bandoleiro profundamente moral, protector do débil e xeneroso co pobre. Pero a súa actividade nocturna, bosquimán, camiñeira e montaraz, unida á súa habitual nocturnidade, colócalles fóra da Lei. Por iso o seu exemplo, con ser modélico para a adolescencia contemporánea, non pode inspirar a actuación do Estado Porque non hai prosecución do interese xeral fora da orde pública. Non hai prosecución do interese xeral fora da orde pública porque o interese xeral habita na CE; nos seus artigos 9 e no seu artigo 103, que obrigan á Administración a servir con obxectividade o interese xeral con sometemento pleno á Lei e ao dereito. Fóra da orde pública, poderán perseguirse outros intereses pero non o interese xeral. Logo aínda que a moral, a cultura, o que coñecemos como superestrutura ideolóxica do modo de produción, xustifique e adecúe unha conduta a un canon ‘honroso’, o Estado, a orde pública non pode desenvolvela de ningún xeito. As persoas, quen asinamos o contrato, si podemos facelo. Ata podemos crebalo como de feito fixemos algúns na nosa mocidade. Pero de ningún xeito pode facelo o poder público.

En dereito político estúdase que a delimitación do ámbito lícito da conduta do particular é de orde negativo: pode facer todo aquilo que lle praza, de acordo co principio da autonomía da vontade, con exclusión do que o ordenamento prohibe. A Administración pública, pola contra, ten positivamente delimitada a licitude do seu facer: só pode facer aquilo para o que está autorizada; aquilo que é causa e motivo da súa existencia. O demais non lle resulta lícito e cando menos constituirá desviación de poder.

Cando o poder público, desvíase para outros fins ilícitos, a comunidade incumpre o contrato orixinal. Defráudase a confianza lexítima, descomponse o público, méxase por encima de Rousseau i estáfasenos a todos os que limitamos voluntariamente a nosa liberdade individual a favor dunha convivencia en común. Isto tan sinxelo, que até entenden as miñas fillas aínda adolescentes, non o entenden os lerchos que eliximos para gobernarnos e para exercer a oposición. E como consecuencia diso asistimos ao maior ataque, xa non a Caixanova, que o é; xa non a Vigo, que o é. O maior ataque á identidade, cohesión e vertebración da nosa terra.

Quen limos a Sartre de cativos identificamos ben esa sensación de vertixe e baleiro interior, esa sensación íntima e profunda de noxo que produce o fedor pútrido que emana da putrefacción do público: A náusea.

Por iso Sr. Presidente, Sra. Conselleira de Economía e Facenda, Sr. Guillerme Vázquez, Sr. Goebbels, Sr. Himmler, Sr. Führer, de todo corazón: Dannos moito asco.

Silver Surfer


miércoles, 3 de marzo de 2010

O BREBAXE TÓXICO DA STASI

Smiley, desde as liñas inimigas, infórmanos da publicación dun artigo de opinión do director do Xornal de Galicia, seguindo precisas instrucións de Carla. O artígo é do Director do Xornal de Galicia i está dedicado ao fillo de Mendezfürer.


Méndez é un caso de nepotismo extremo en Caixagalicia. A corporación industrial está dirixida po un fillo homónimo seu JL Méndez Pascual. O departamento de empresas está tamén dirixido por outro fillo, Yago Méndez Pascual. A súa muller aínda non está empregada en Caixagalicia: leva anos reservándoa habilmente para ocupar o sillón de Gayoso na próxima sucursal do Sur.

Según fontes da propia Caixa, ningún dos seus fillos é competente para os cargos: son un xeito de perpetuarse el, pero aínda que Yago ten fama de ser un tipo bastante normal, o tal José Luís parece ser que é un personaxe gris que non dá pé con bóla: Considéraselle o responsable do fracaso da política industrial de Caixagalicia, pero a xente ben informada da caixa, sen negar a súa incompetencia, afirma que a responsabilidade é do seu pai, pois é el o que toma as decisións.

A Corporación Caixa Galicia embarcouse en exceso co ladrillo (Fadesa) e cando non está no ladrillo, abusa de investimentos endóxenos en empresas

do grupo, cunha alta concentración de autorisco.

Por iso, a diferenza de Caixanova, Caixagalicia non consolida contas coa súa corporación industrial: tería que provisionar a súa carteira de valores e as contas consolidadas serían aínda peor que as individuáis. Como leriades, tiveron que vender a súa xoia da coroa: unha participación cualificada na petroleira portuguesa Galp.

Pois ben, este artigo que vos envío resulta sumamente rechamante.

Salíu onte mesmo no Xornal de Galicia É un artigo de opinión asinado polo director de Xornal de Galicia, un xornalista da Coruña que pasa por ser 'progre' e galeguista semiizquierdoso: Chámase José Luís Gómez.

O Xornal de Galicia pasa por ser un periódico moi ligado ao BNG, e, desde logo, o seu contido normal está en máis dun 50% en galego. É do grupo San José e din que foi un agasallo que lle fixo Jacinto Rei a Anxo Quintana a cambio dun mogollón de megavatios no macroconcurso eólico do Bipartito.
Non ten desperdicio:

Xa decía Fraga que "a política fai estraños compañeiros de cama", e así debe ser!

En calquera caso, é unha proba evidente da xigantesca operación pinza que organizou o Goberno Galego co BNG e o lobby mediático do norte para salvar Caixagalicia levándose a caixa do sur.
Este é o cocktel de Carla:

Dous periódicos (Un galeguista, outro Nazi) 
Un Goberno Galego que discrimina ao Sur.
Unha caixa no norte con algún problema.
Unha caixa no sur con menores problemas.
Un Bloque Nacionalista Galego bastante bebido e que insiste en seguir bebendo.
Un lobby financeiro, político e mediatico no norte ben artículado e mellor situado.
Un Sur contaminado e atouciñado, como Víctor Moro.
Unhas pingas de angostura para amargar o sabor e reducir o aroma do touciño.
Abundante Xeo.
Axítese con intensidade pero non se revolva! Ao gusto de 007: 'Shaken but not stirred and without olive, Miss Monie Penny'.


GALEGO: BEBE CON MODERACIÓN. E TÚA RESPONSABILIDADE

Cocktail: Bloody Carla & Fucking North STASI



lunes, 1 de marzo de 2010

ÚLTIMA HORA: El Alcalde de Vigo retrasa a Octubre la celebración del 200 aniversario de la concesión del título de ciudad a la pequeña villa insurrecta.

EL TEMA DEL DÍA EN ATLÁNTICO DIARIO:

Los vigueses cumplen hoy 200 años de ciudadanos

El alcalde decide trasladar a octubre los actos del Bicentenario, pese a que hoy es la fecha de la concesión del título debido a las presiones y amenazas del Presidente Feijóo
Una dura conversación telefónica entre el Alcalde Caballero y el Presidente Feijóo habida durante este borrascoso fin de semana, termina con el aplazamiento de la celebración del bicentenario de Vigo como ciudad.


El Presidente Feijóo llegó a amenazar al Alcalde con emitir un bando devolviendo a la ciudad a su condición de villorrio irrelevante.

“Doscientos años y un día de ciudad” le espetó: “Mañana volveréis a ser el puto populacho de siempre; me tenéis harto”


Caixanova podría formar parte da futura terceira Caixa con un SIP

Que Caixanova expándase a medio dun SIP a outras comunidades, con caixas máis pequenas, non está mal visto polos presidentes de de as Comunidades de Asturias, Cantabria, Murcia ou Baleares; está mal visto e prohibido polo Presidente do Goberno Galego e os seus recentes amigos do BGG! Aínda que a entidade resultante sexa a terceira caixa en dimensión!


Porque, ao parecer, Iso non é aforro galego. Que Caixanova conserve a súa sede en Vigo, a súa denominación e a súa marca, e que siga desenvolvendo a súa obra social en Vigo non é aforro Galego.

A EXPLICACIÓN DE TODO O ACOSO: Os prazos da Lei Andaluza non permiten dobregar ao Sur antes de Xuño. O presidente Feijóo ten que dicir ‘digo’ onde dixo ‘Diego’.

O acoso desvengonzado e impúdico do Goberno Galego, do seu Presidente e o seu Conselleira de Facenda, constitúe un inxerencia singular nos asuntos propios dunha entidade privada como Caixanova. É un ataque indisimulado, ao Chavez, que mostra con toda claridade como se inclina o fiel da balanza de Feijóo: nun prato os plúmbeos intereses do norte tocan fondo; no outro prato, os irrelevantes intereses do Sur, serven para pagar as débedas electorais do BNG e do PP e para agradecer campañas mediáticas.


CONTINÚA O ACOSO A GAYOSO

ROSA DÍEZ EN EXCLUSIVA PARA LIGA SUR: NIN MÁIS NIN MENOS; IGUAL DE BURROS QUE OS DO NORTE.

Por mor das incomprendidas declaracións de Rosa Díez á Catro, na que cualificou a Zapatero como ‘Galego, no seu sentido máis peyorativo’ e remachou que Rajoy ‘é galego’, algúns líderes de Liga Sur desprazáronse a Madrid para entrevistar á política vasca. O obxecto da visita era explorar a posibilidade de que, dentro do lamentable das súas declaracións, puidese producirse un beneficio colateral. A liña argumental de Ligas Sur descansaba no feito coñecido de que o localismo do Sur e o seu pertinaz enfrontamento á fusión das Caixas significa, a xuízo do 45% do Parlamento Galego, un evidente déficit de galeguidade. En consecuencia, seguindo o razoamento de de Díez, ese déficit de galeguidade ben podería significar un maior coeficiente de intelixencia dos galegos do Sur fronte aos seus irmáns do Norte, por canto sería un signo evidente de non comulgar con rodas de muíño, nin tragarse sapos e, en fin, ter os pés no chan.

A moi mala puta, na acepción máis peyorativa do termo -of course, contestou que non, que igual de galegos e de estúpidos que os do norte.


EMPEZA O ACOSO FRONTAL A GAYOSO E CAIXANOVA