viernes, 12 de marzo de 2010

MAGNÍFICA DECLARACIÓN TRILÍNGÜE DE GASPAR ZARRÍAS AO CONSELLEIRO RUEDA


BRANCO I EN BOTELLA...
Gaspar Zarrías non tivo inconveniente en remitirlle ao Conselleiro Rueda o texto dun comunicado elaborado polos asesores económicos e xurídicos de Ligasur en tres idiomas, e que o Faro de Vigo só editou en Galego en atención ao pouco espazo diponible.

Ligasur protestou enerxicamente e recordoulle ao periódico vigués que só así aprenderán os conselleiros a falar Galego e Inglés. Hoxe o mundo entende os xeroglíficos exipcios grazas a que o gran Champolión, pai da arqueoloxía moderna, atopou a Pedra de Rosetta: a inscrición dun mesmo texto en xeroglífico, en grego i en demótico. Así, por un sistema de acerto-erro, como o que agora usan os conselleiros, a ciencia aprendeu a ler xeroglíficos, tal como conseguirán os conselleiros en breve. Son estas as torpezas do Grupo Editorial Prensa Ibérica, as que sacan de quicio aos vigueses que seguen atentamente os progresos lingüisitcos do goberno galego con tanta paixón como a parrilla española do próximo mundial de F-1.

En fin, na carta Ligasur reflexionaba que Galicia non é só o conselleiro Rueda, nin Guillerme Vázquez; Galicia tamén é Caixanova, Vigo, o sur e ata o goberno central, pois ultimamente A Moncloa é máis Galicia que Monte Pío. Os argumentos de Ligasur son de tal natureza demoledora que Von Feijoneim esixiu a Gaspar Zarrías expulsar a Ligasur do seu grupo de asesores.

Tal cousa no é probable pois as reunións de Ligasur co Sr Zarrías foron distendidas e amigables, só empanadas porque ao final, o Sr. Zarrías reclinouse na cadeira, puxo as súas botas sobre a mesa e cun acento horrible prometeu en diante falar galego na intimidade.


                                    Foto: Pizarrilla persoal do Conselleiro Varela coa poesía de Martín Códax 'Ondas do Mar de Vigo' en Castelán, Galego e Inglés, cocida nos fornos da Fábrica de Sargadelos.

No hay comentarios.:

Publicar un comentario