viernes, 12 de marzo de 2010

A Batalla das Ardenas toca ao seu fin.


Estes últimos días frios e despexados de nordeste permitiron voar de novo á aviación aliada.


Os panzer de Feijoinen saíron do bosque ardénico e móstranse vulnerables á aviación inimiga. A operación militar encalla perigosamente baixo a atenta mirada de MAFO, cos seus prismáticos coa marca do Banco de España.

Von Feijoinem segue sen plan B, porque non ‘admite un escenario distinto á fusión’.

El e os seus socios están atrapados nunha bolsa polo recurso de inconstitucionalidade e os tempos do Banco de España: sexa ‘T’ o prazo medio de resolución dun recurso de inconstitucionalidade;

Sexa ‘t’ o prazo concedido por MAFO a Caixagalicia para que atope o seu propio camiño; en terminos militares T>t, tal que T-t=T’; Onde T’ equivale a trompazo. Tanto o Presidente como os seus socios do BNG, vense obrigados a desenmascararse: O que antes só algúns sospeitabamos, agora recoñécese con franqueza e impudicie: a Lei é para dobregar a Gayoso. Para dobregar a Caixanova e levarlla ao Norte.

Puro galeguismo de laboratorio...

Agora virá Rato e será a escabechina do século. Veremos se a Voz de Berlín esixiralle todo o que lle esixiu a Vigo. E veremos se o ridículo alcalde Losada sácalle á rúa todo o que lle prometeu sacar a Abel Caballero; agora veremos o que lle saca ao Sr. Rato.

Verémolo dentro dun rato.



No hay comentarios.:

Publicar un comentario