lunes, 25 de enero de 2010

Sinais de identidade


O Comisario Político-redactor Xefe da “Voz de Berlín? afirmou que os vigueses son “Polo xeral pouco aseados na súa hixiene persoal, e non defenden as suas sinais de identidade. Cando se excitan ata invisten a súa propia bandeira”

Pequenos Saltamontes (con permiso de Kung-Fu), como vos vai respectar a Voz de Berlin se descoidades os detalles, que é onde Dios habita: nos detalles. Usar o Logo de Liga Sur para gañar un concurso de ideas, é todo un detalle. En Liga Sur non pagamos dereitos de autor. Tomamos prestada a idea de Joe Rosenthal sen untar aos seus netos. Por iso gústanos que tomen prestadas as nosas ideas e a Reconquista se ilustre coa imaxe da batalla de Viwo Jima. Pero poñer a vosa bandeira boca abaixo, pequenos saltamontes, é un detalle que non pasou inadvertido en Berlín: Van ampliar o campo de concentración de Auscwitz, que está repleto de judios, para que caiban os vigueses.

 

(Auschwitz, antes dás obras de acondicionamento para a poboación viguesa)

A ver se pomos máis atención. Que igual sodes capaces en marzo de derrubar o Sireno en lugar da Gamboa.

No hay comentarios.:

Publicar un comentario