domingo, 31 de enero de 2010

PRIMER CERTIFICADO WEB DE TRILINGÜISMO OTORGADO A LIGA SUR



                            Bandeira Trilíngüe diseñada por Roberto Varela
             


No incomparable marco do Hostal dos Reis Católicos en Santiago, celebrouse o primeiro certificado WEB de trilingüismo da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que entregou o Conselleiro de Cultura aos blogueros de ‘Liga Sur’.
A comparecencia era moi esperada pola prensa, pois escasa horas antes, o lider do BNG,  Guillerme Vázquez, chamáralle ao conselleiro Roberto Varela “Un Friqui na cultura Galega; un tipo de perfil baixo na Consellería”, polas reiteradas e unánimes críticas dos escritores galegos e a súa Academia, á xestión do Conselleiro e o seu borrador de Decreto.
Pois ben, nun acto moi concorrido polos blogueros galegos, o Conselleiro de Cultura Roberto Varela impuxo a ‘Medalla Trilingüe de Galicia’ a Liga Sur. O presidente da Xunta, Von Feijonein, no seu discurso, resaltou que no Blog de Liga Sur hai textos en Galego; hai e textos en Castelan, e a banda sonora é preferentemente en inglés. “Mesmo pode  dicirse que a música está composta por artistas singulares como Dylan e Young”, aínda que tamén dixo que hai “un grupo de peludos do sur que non me gustan nada”. En consecuencia, concluíu que “exceptuando un tipo tóxico na administración do Blog, todos os membros  de Liga Sur constitúen unha maioría silenciosa que desexa para Galicia o mesmo que eu para o Pobo Galego: Unha Nación Trilingüe.”
No acto estaba presente un nutrido grupo de dirixentes da liña oficial do BNG, entre os que destacaba seu portavoz nacional Guillerme Vázquez acompañado da súa nova profesora particular de inglés.



                      “Un grupo de peludos do Sur que non me gusta nada” (Von  Feijonein)
          

No hay comentarios.:

Publicar un comentario