lunes, 1 de febrero de 2010

TRAMPAS NAS OPOSICIÓNS A PERSOAL DE GALIKASSETTEN

                   
                                         (A imaxe do exercicio estadístico na oposición)

Uns blogueros de O Ferrol coméntannos que nas últimas oposicións a postos de persoal estatístico no servizo de estudos de GALIKASSETTEN, houbo incidentes estraños que non lles resultan de fácil explicación.

A última proba consistía en identificar unha mostra estatística. Esta representábase nun eixo de coordenadas e consistía nunhas dúas nubes de puntos que se concentraban baixo unha figura que aparecía como unha campá de Gauss e, tras un segmento sen apenas sucesos, aparecía outra campá de Gauss á súa dereita idéntica á anterior.

O obxecto do exercicio era que o opositor identificase un escenario teórico dunha distribución anestocástico de sucesos de grao 2 na que, sen razón aparente, a nube de puntos concéntrase ao redor da esquerda da abscisa, e, tras unha drástica redución dos sucesos obxecto de análises, esta volvía producirse á dereita da anterior. Era, por suposto, un exercicio exclusivamente técnico, sen segundas lecturas políticas de tipo algún.

Pois ben un opositor sufriu un súbito desmaio. Tras un momento de revolta e angustia no que ninguén tentou sacar chuletas (isto foi ratificado pola Voz de Berlín), apareceu o equipo sanitario e levaron ao rapaz. Cando xa estaban as suas constantes estabilizadas, escoitouse como o prexudicado espertou na padiola e febrilmente gritoulles aos tipos do Samur: "Ai, vinos cos meus propios ollos; eran os dous pilares da Ponte de Rande coas Cíes ao fondo". O opositor desfalecido non só obtivo o primeiro posto na selección ao servizo de estudos estatísticos de GALIKASSETTEN, senón que tamén foi obsequiado cun Master gratis en KPMG dun ano de duración en auditorías do sector público. En Ferrolterra especúlase coa circunstancia de que estes feitos estean en relación co ataque a Galicia Sur de Von Feijonein e Méndezfürer Von Galikasseten.

No hay comentarios.:

Publicar un comentario