O comité provincial (unipersoal) do partido Humanista de Pontevedra, sede en Vigo, contesto a Santiago Domínguez que de ningunha maneira acepta a súa estratexia de dobre pinza ao PP e ao PSOE. O portavoz único do Partido Humanista afirmou que ‘había diferenzas estratéxicas esenciais na concepción da dobre pinza’.
Así onde o BNG concibe unha pinza plana e de ‘liña clara’ o Partido Humanista deseña unha pinza contra o PSOE-PP con realismo, perspectiva, con cor e cun background positivo, fronte ao outro concepto de deseño primitivo e euclidiano da pinza do BNG.
Este correspondente asistiu á asemblea provincial do Partido Humanista, SLU, na que, o seu socio único, desenvolveu un intenso debate acerca da proposta do BNG. É de destacar que, salvo algunha escena de autocensura, que este correspondente rexeita, pois desde neno comprometeuse coas liberdades básicas, o único asistente ao conclave demostrou un nivel de educación e civismo que para si quixesen os partidos maioritarios. Así tras un profundo e intenso debate, o asistente único aprobou por maioría esmagadora a transcrita réplica a Santiago Domínguez.
Proposta de estratexia de 'doble pinza' do Partido Humanista SLU.



creandounmovimiento.blogspot.com/
ResponderBorrar