martes, 23 de febrero de 2010

A INVASIÓN BARBARA DO NORTE: Os alieníxenas da Stasi ao servizo do lobby do norte levan anos durmidos no sur preparando o seu desembarco. Ensinoulles Karla. Agora recoñecerédeslles porque levan os dedos meñiques estirados.





O ridículo comentario da lamprea e o taxista viguista publicado hoxe no Faro de Vigo eleva o ton habitualmente mesurado e centrado de don Víctor Moro, para mostrar a mellor fontanaría dunha operación ‘de Estado’ e na que se lle asignou un papel de actor estelar. Pódese cualificar con sentido a fusíón que nos van a impor como "paritaria", despois das declaracións de Luís Roldan do pasado domingo? Alguén no seu san xuízo e con boa fe? Imos falar de fe! Da mala e sobre todo da boa fe: esa íntima e profunda convicción sobre a honestidade da conduta propia; ese estado interior de honradez mental, case virxinal, do que tanto presume Don Victor.


Pódese ser unha persoa sensata e honrada e estar a favor da fusión das caixas. Mesmo se pode ser galego do sur e vigués e non apreciar unha grave manipulación política que redunda na permanente marxinación e discriminación territorial do noso país. Non é fácil, pero é hipoteticamente posible. En Liga Sur gústanos pensar que si, que é posible discrepar lícitamente e con honestidade.

O que é difícil é facelo desde a perspectiva do galeguismo e da defensa identitaria da ‘Gran Caixa Galega’ en contra dos demais -nós- que seriamos uns intoxicadores que contamos falacias.

Segundo o Sr. Moro, algúns intoxicamos e contamos falacias. El non conta que ten unha inimizade persoal con Xulio Gayoso porque non lle fixo non se sabe-que-favor; que é íntimo amigo do Sr. Méndez, que recentemente, no Círculo de Empresarios, entregoulle a medalla de ouro de... Caixagalicia! ao homenaxeado Sr. Moro, que -vaia casualidade- foi tamén Director Xeneral de Pescanova!

Por si os vínculos con Caixagalicia non quedasen acreditados pola hemeroteca que se achega, corre o rumor de que o seu fillo Javier Moro traballa en Caixagalicia. De qué? Pois de médico! Si de médico. Di o rumor que don Javier é médico de empresa en Caixagalicia; non ten un choio máis nesa empresa: é a súa empresa e é o seu choio. Algúns non empezabamos a dar crédito aos avisos do alcalde Caballero sobre a suposta enfermidade de Caixagalicia. Pero sempre supuxeramos que só precisaba os servizos dun bo economista.

Ligasur non ten confirmación fidedigna deste rumor, por outra banda tan fácil de aclarar polo Sr. Moro ou o seu propio fillo. Pero si fóra así quen serían os falaces intoxicadores? Donde queda aquelo de "Yo reitero mi posición favorable a la fusión desde un plano "estrictament profesional"?

Pódese ser galeguista, honesto e pensar que a fusión é óptima para Galicia. E si a razón é o interese económico e non o galeguismo? O interese económico non é unha motivación ilexítima, tal como o posto de traballo de un fillo; pero non é galeguismo. O que si é ilícito é ocultalo interese material e revestilo de galeguismo.O que si é ilícito é ocultar o interese e disfrazalo dunha aparencia falsa de galeguismo, irrogando sobre ese interese persoal un plus de grandeza do que se carece. Non é lícito chamarse Pescanova, ter unha gran débeda con Caixagalicia, que ademais de acredora é socia cun 20% da multinacional, e saír á palestra coma se de imparciais tratásese, falándonos con profusión aos demais de xenerosidade, de galeguismo e de país: farsantes. Puros farsantes.

Moito ollo vigueses, pontevedreses e ourensans: van a por vos. As tribos bárbaras do norte mobilizáronse para a representación da escena final do drama. A Voz de Berlín xa esixe a Feijóo o cesamento de maneira fulminante de Gayoso, de Guillermo Jáudenes e de Alfonso Zulueta de Haz, o presidente e os dous vicepresidentes de Caixanova, o tres maiores de 70 anos. Méndezfürer mobiliza aos seus axentes durmidos en Pescanova e ao Sr. Victor Moro para que paguen a súa débeda e intoxiquen ao país: Karla lévalles anos ensinando; Smiley sempre o soubo.

Non fai falta ser moi intelixente nin tampouco vigués para percibir que orquestrar semellante operación de acoso, incluída unha lei exprés para a remoción do consello de Caixanova, responde a interese ocultos de moi importante calado: Todo un goberno, dous partidos, o principal xornal e grupo mediatico, o alcalde da segunda cidade de Galicia, e a puta granxa de rodaballos de Cabo Touriñán: mal asunto cando todo escóndese, se terxiversa e organízase unha poderosa e segreda trama onde os intereses espurios e bastardos substitúen o interese xeneral do pais, buscando o desequilibrio territorial e desvertebrando a Galiza; cando o lucro e o poder privado tiran de inconfesables débedas de xogo i elevan a impostura dos seus actores ao olimpo do Óscar ao mellor cinema negro. Sen dúbida tivo e ten razón o alcalde Caballero cando nos alertou que aquí nola xogamos en serio.

Malditos bastardos que diría Tarantino: Sodes uns cabróns.

Silver Surfer





Victor Móran 'El Bárbaro' agasallado por Méndezfürer tras unha perigosa misión no Sur goza duns días de asueto na vila de Betanzos, rodeado de 120 doncelas (as 100 que lle cedeu Méndezführer e 20 mulatas máis que lle levantou ao Emir de Córdoba)

No hay comentarios.:

Publicar un comentario